Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A inclusión de persoas con síndrome de TEA: desafíos para os/as profesionais dentro e fóra dos centros educativos

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

    2. [2] Universidade Católica Portuguesa

      Universidade Católica Portuguesa

      Socorro, Portugal

  • Localización: Educación social e escola: análise da última década (2006-2016) / Xosé Manuel Cid Fernández (dir.), Sofía Riveiro Olveira (dir.), María Victoria Carrera Fernández (dir.), María Montserrat Castro Rodríguez (dir.), Xosé Ramos Rodríguez (dir.), Alberto Fernández de Sanmamed Santos (dir.), Antía Cid Rodríguez (dir.), Patricia Alonso Ruido (dir.), Francisco Xosé Candia Durán (dir.), 2018, ISBN 978-84-697-7024-5, págs. 653-668
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O estudo que se presenta ten como obxectivo principal analizar o coñecemento, as competencias e o interese pola formación continua que teñen os orientadores e os docentes de secundaria preguntados con respecto ao Trastorno do Espectro Autista (TEA). Ademais disto, analizaranse os coñecementos e as necesidades formativas do profesorado e dos orientadores/as, para unha axeitada integración deste colectivo nas aulas. Aspecto no que podería actuarse con máis acerto, contando con Educadores/as Sociais nos centros de secundaria formando parte de equipas multidisciplinares e en colaboración co propio profesorado. Con este fin, fanse dous estudos, por unha parte, unha serie de entrevistas a orientadores en activo e por outra, pásase un cuestionario ad-hoc para docentes de secundaria, sen segregar en especialidades. Con estes dous instrumentos, explóranse os obxectivos do estudo con dúas mostras: por unha parte, 4 orientadores e por outra, 40 docentes de secundaria de diversos centros das cidades de Ourense e da Coruña. A análise dos datos realizouse co programa SPSS e usando metodoloxía de análise cualitativa. Os resultados obtidos amosan que os orientadores e a maioría dos docentes teñen certo descoñecemento, pero tamén interese en seguir formándose en xeral e sobre TEA en particular, e que precisan axuda, así mesmo como contar cun número maior de profesionais especializados no ámbito cando teñen un neno ou unha nena con TEA na súa aula ou no seu centro


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno