Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Guía de implementación: Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais

Agustín Godás Otero (ed. lit.), Elena Fernández Rey (ed. lit.), María do Carmen Cambeiro Lourido, María Cristina Ceinos Sanz, Jesús García Álvarez, Leticia López Castro, Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, Gabriela Míguez Salina, Jesica Núñez García, Miguel Anxo Nogueira Pérez, Alexandre Sotelino Losada, Cristina Varela Portela, Ana Vázquez Rodríguez

  • Este caderno pretende servir de apoio para a implementación do programa, no que se busca mellorar a implicación dos pais e nais nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na educación en xeral dos seus fillos e fillas. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus