Ayuda
Ir al contenido

Guía de implementación: Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais

Imagen de portada del libro Guía de implementación

Resumen

  • Este caderno pretende servir de apoio para a implementación do programa, no que se busca mellorar a implicación dos pais e nais nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na educación en xeral dos seus fillos e fillas. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo.

Identificadores de libro


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno