Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os elementos da cultura galega como vehículo de aprendizaxe

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Educación social e escola: análise da última década (2006-2016) / Xosé Manuel Cid Fernández (dir.), Sofía Riveiro Olveira (dir.), María Victoria Carrera Fernández (dir.), María Montserrat Castro Rodríguez (dir.), Xosé Ramos Rodríguez (dir.), Alberto Fernández de Sanmamed Santos (dir.), Antía Cid Rodríguez (dir.), Patricia Alonso Ruido (dir.), Francisco Xosé Candia Durán (dir.), 2018, ISBN 978-84-697-7024-5, págs. 669-672
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A través da realidade cultural galega en conxunción co patrimonio cultural inmaterial e material, encádrase un apartado moi interesante para traballar coas diferentes materias educativas. Propiciado dende unha ensinanza atractiva e lúdica para o/a alumno/a, favorecerá a consecución dunha aprendizaxe que lle permitirá coñecer e relacionarse co contexto socio-cultural que o envolve. Fomentando en todo momento a interculturalidade e o respecto por outras culturas, prestando por tanto unha atención á diversidade presente na aula e mostrando, en consecuencia, como a cultura galega serve de ponte entre a escola e a educación social. Con esta proposta propíciase que o alumnado adquira novas aprendizaxes distanciadas da memorización de textos; que traballe aspectos como a creatividade, a aprendizaxe significativa e a imaxinación; así como a comprensión e a expresión oral e escrita. Promóvese tamén o hábito lector e o manexo das tecnoloxías da información e da comunicación entre outros aspectos; animando ó emprego da investigación mediante o carácter indagador dos/as alumnos/as e recuperando elementos culturais a punto de ser perdidos no tempo e mesmo recreándoos na clase dende unha visión interdisciplinar: transcorrendo dende a recreación de contos, lendas, mitos ou calquera tipo de tradición oral á recreación plástica das diferentes manifestacións culturais físicas, pasando pola interpretación musical de diversas pezas, entre outras formas de traballar e introducir a cultura galega na aula


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno