O fracaso escolar configúrase como un proceso que non finaliza coa exclusión académica. As consecuencias actúan no itinerario vital da persoa. A construción lexislativa formal dos certificados de profesionalidade derivou en novas esixencias curriculares para a superación das formacións para o traballo. A configuración pedagóxica das Accións Formativas para o Emprego (AFD) repite as dinámicas escolares. Os contidos conceptuais asumen protagonismo fronte ao tradicional pragmatismo presente nestas actividades formativas. Os colectivos en dificultade social padecen a nova realidade formativa que non dá resposta ás súas necesidades específicas. No presente traballo analizamos a resposta que un grupo de educadoras sociais constrúe para posibilitar a formación laboral das persoas con expediente no sistema de protección de menores, que contén diversas estratexias para a superación dos procesos de formación. Alumnado e profesionais, mediante grupos de discusión, analizan a execución das propostas. Os resultados mostran como, mantendo o nivel curricular, as formas pedagóxicas facilitan a inserción laboral.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados