Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A incorporación de educadoras e educadores sociais aos centros escolares: revisión bibliográfica e proposta de desenvolvemento na realidade galega

  • Autores: Raquel López Fernández
  • Localización: Educación social e escola: análise da última década (2006-2016) / Xosé Manuel Cid Fernández (dir.), Sofía Riveiro Olveira (dir.), María Victoria Carrera Fernández (dir.), María Montserrat Castro Rodríguez (dir.), Xosé Ramos Rodríguez (dir.), Alberto Fernández de Sanmamed Santos (dir.), Antía Cid Rodríguez (dir.), Patricia Alonso Ruido (dir.), Francisco Xosé Candia Durán (dir.), 2018, ISBN 978-84-697-7024-5, págs. 347-360
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Moitos autores e autoras concordan en que o sistema escolar está inmerso nunha “crise” debido, entre outras cuestións, á dobre lectura que se fai das súas funcións. Por unha banda, a escola semella ter perdido lexitimidade porque hai outras entidades ou axentes educativos que gañan terreo, mais, por outra banda, a sociedade segue a demandar que sexa a escola a que solvente problemas sociais, recargándoa de funcións e responsabilidades. Neste senso, a inclusión de novas figuras profesionais non poden máis que redundar nunha mellora da calidade escolar mais sendo conscientes de que a mera inclusión de novos perfís profesionais solventará moitos dos problemas da escola, pois é preciso un cambio ideolóxico sobre qué debe ser a escola e qué funcións debe acometer. Os exemplos das Comunidades Autónomas de Extremadura, Castilla – La Mancha e Andalucía deben servir como modelo mais adaptándoas á realidade galega e sabendo aprender dos erros ou disfuncionalidades que se aprecien na práctica diaria das profesionais da Educación Social nestas Comunidades. A través da presente comunicación tratarase de ofrecer unha panorámica do escrito ata o momento e unha proposta de desenvolvemento da incorporación das educadoras e educadores sociais en Galiza. Deste xeito, nunha primeira parte ofrecerase unha revisión bibliográfica atendendo a catro criterios: sobre a integración de educadoras e educadores sociais nas escolas, a organización deste novo profesional no centro e as súas posibles funcións. Esta revisión servirá de preludio para propor cómo se debería desenvolver este proceso de incorporación na realidade galega.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno