Tal e como indica o título da mesa, se tivésemos que falar da normativa en Galicia rematariamos pronto, porque non existe regulación da figura da educación social nos centros educativos a día de hoxe. Isto non quere dicir que non poidamos falar do estado da cuestión e facer un balance destes últimos 10 anos, que ampliaremos un chisco máis, ata os 15 anos, data de creación do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. Ademais, como se doutro bloque se tratase nesta mesma exposición, falarei da miña experiencia persoal, que transcorreu nese binomio educación social e escola, ao longo da miña traxectoria profesional na que o contacto directo coa comunidade educativa permitiu un coñecemento amplo e variado do que está a acontecer nas nosas escolas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados