Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Guía para familias: Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais

Imagen de portada del libro Guía para familias

Resumen

  • O que imos desenvolver nesta guía pretende ser un apoio para os pais e nais e unha axuda para os/as fillos/as nunha serie de cuestións que inciden na súa vida escolar e na súa educación en xeral. Temos a intención de informar ás familias sobre os aspectos que teñen unha influencia directa no traballo que os/as seus/súas fillos/as teñen que facer na escola, e ao tempo proporcionarlles orientación sobre como axudarlles, deixándolles un espazo para que eles e elas actúen segundo o seu propio estilo de traballo e a súa forma de enfrontarse ás dificultades que xurdan antes de calquera novidade. Hoxe podemos garantir, de forma científica e obxectiva, que cando os pais e nais se implican na educación dos/das seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, están fortalecéndoos no seu desenvolvemento e no que constitúe a base para acadar calquera meta escolar. Sabemos tamén que, ao implicarnos, axudámoslles a desenvolver hábitos e habilidades, a se organizar para aproveitar o tempo, a aprender de xeito independente, a responsabilizarse do seu propio traballo, a enfrontarse ás dificultades propias da súa idade e da contorna escolar, e o que é máis importante, a compartir experiencias cos seus pais e nais. Isto é o que queremos sinalar e destacar, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo. Para intentalo, dividimos a guía en catro seccións nas que falaremos do inicio da adolescencia, da comunicación entre pais/nais e fillos/as, das relacións entre a familia e a escola, e do traballo escolar no fogar.

Identificadores de libro


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno