Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


“Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio”, un proxecto multidisciplinar para promover a sustentabilidade ambiental e social

    1. [1] Oficina de Medio Ambiente UDC
    2. [2] Dept. Química, Facultade de Ciencias UDC
    3. [3] Dept. Pedagoxía e Didáctica, Facultade de Ciencias da Educación UDC
    4. [4] Dept. Enxeñaría Civil, ETSE Camiños, Canais e Portos UDC
    5. [5] 5 Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade UDC
  • Localización: Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.), 2020, ISBN 978-84-9749-775-6, págs. 553-556
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A sustentabilidade ambiental supón un reto estratéxico para a Universidade da Coruña (UDC).

      Para conseguilo, desenvólvense programas centrados na promoción de valores como a conservación dos recursos naturais e a adquisición de habilidades para a súa xestión eficiente.

      Destacamos o Proxecto "Educando para a sustentabilidade", financiado pola Fundación Alcoa, que baixo o título "Campus, casa, cidade: laboratorios de cambio", promove a formación en sustentabilidade ambiental e social e busca resposta a cuestións hoxe prioritarias para a sociedade, como o cambio climático, a produción e xestión de residuos, a economía circular ou a mobilidade sustentábel, entre outros. As metodoloxías propostas inclúen formación teórico-práctica, conferencias, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo, combinando actividades individuais e de grupo e aproveitando a vivenda, a universidade e a cidade como lugares para a investigación e a experimentación. Distinguíronse 4 módulos na programación:

      Obradoiros (grupos reducidos): xestión de residuos e compostaxe, pegada ecolóxica e hídrica, TIC para xeorreferenciación e mapeo participativo, auditorías do consumo de auga e enerxía (382 persoas participantes); Conferencias (programa extenso en actualidade ambiental a cargo de persoas expertas, sumou 989 participantes), visitas técnicas e actividades de campo (747 participantes), Ciclo de cinema (77 participantes nunha convocatoria), exposicións (máis de 540 participantes). Sumouse un total de 1.394 persoas (curso 2017/2018) e de 2.345 participantes (curso 2018/2019). O póster presenta os resultados de participación en detalle, e analiza a satisfacción das persoas participantes: avaliación Boa/Moi Boa do 94,7±0,03% (Manchando as mans), 89,2±0,01% (Obradoiros), 89,0±0,04% (Conferencias), para un total de 686 respostas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno