No presente estudio analízase a relación existente entre o consumo de sustancias psicoactivas, diferentes do alcohol e o tabaco, e as prácticas sexuais nunha mostra de 389 adolescentes, ata 20 anos, estudantes en centros públicos, privados e privados concertados da provincia de Pontevedra.
Tod@s cubriron un cuestionario que indagaba sobre variables sociais, comportamentos relativos o consumo de drogas e prácticas sexuais. Os datos foron analizados co programa estadístico SPSS 13.0/WINDOWS.
Presentamos os resultados obtidos, que han de ser considerados á hora de plantexar estratexias preventivas dende o ámbito escolar.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados