Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Perpectivas de xénero nos alumnos/as das actividades e da carga de traballo no sisitema ects

  • Autores: Xabier de Salvador González, María del Carmen Santos González
  • Localización: IX Congreso internacional galego-portugués de psicopedagoxía / coord. por Alfonso Barca Lozano, Manuel Peralbo, Ana María Porto Rioboo, Bento Duarte da Silva, L. Almeida, 2007
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A converxencia con Europa en materia educativa, implica levar a cabo unha serie de actuacións e reformas na Educación Superior, tanto a nivel estrutural como organizativo. Un dos aspectos que mais preocupan ás autoridades académicas, como aos propios profesores, é precisamente a contabilización do tempo de traballo que ha de realizar o alumnado para acadar os obxectivos propostos na planificación das distintas materias que configuran os novos planos de estudio, desenvolvendo este traballo baixo os parámetros do sistema ECTS.

      O traballo que aquí presentamos ten como obxectivo coñecer o grado de percepción do alumnado respecto ao tempo que dedica ao seu traballo persoal e as actividades que desenvolve, segundo o xénero.

      Pretendemos ademais, saber a carga de traballo que manifestan os alumnos e as alumnas, a fin de contrastar as posibles diferenzas entre ambos.

      Dito estudio, enmárcase na experiencia piloto que a Universidade da Coruña (UDC) está levando a cabo a fin de que os profesores de forma voluntaria, adapten as súas materias ao sistema ECTS.

      Concretamente no programa denominado Os Grupos Departamentais de Calidade (GDC), sendo o número de materias implicadas no proceso de conversión ao sistema ECTS de 322 inicialmente (curso 2004/2005), das cales son avaliadas o 30% de materias durante o curso seguinte, con 2651 alumnos/as que responden ao cuestionario elaborado a tal efecto.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno