Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Percepción dos alumnos/as da carga de traballo no sistema ects:: diferenzas segundo o ámbito científico

  • Autores: Xabier de Salvador González, María del Carmen Santos González
  • Localización: IX Congreso internacional galego-portugués de psicopedagoxía / coord. por Alfonso Barca Lozano, Manuel Peralbo, Ana María Porto Rioboo, Bento Duarte da Silva, L. Almeida, 2007
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O traballo que aquí presentamos, está contextualizado dentro das actuacións que dende fai tempo se están a desenvolver na Universidade da Coruña (UDC). Máis concretamente, centrarémonos na adaptación das materias ao sistema ECTS impartidas polos profesores/as que forman parte da experiencia piloto enmarcada no programa dos Grupos Departamentais de Calidade (GDC).

      Nesta ocasión, o noso interese céntrase na percepción do alumnado respecto ao tempo real de traballo e as actividades realizadas fora da aula (traballos individuais e en grupo, titoría, buscar/completar información, estudio, etc..). Indagamos no promedio de horas empregadas fora da aula, así como na carga de traballo e as actividades que desenvolve, para levar un seguimento das materias adaptadas ao sistema ECTS e acadar os obxectivos propostos. Dita indagación é levada a cabo segundo o ámbito científico ao que corresponde a titulación que cursan os alumnos/as que responden ao cuestionario.

      O número de materias implicadas no proceso de conversión ao sistema ECTS é de 322 inicialmente (curso 2004/2005), e que ademais se seguen adaptando no curso seguinte (2005/2006), das cales se avalían o 30% das mesmas, con 2671 alumnos/as que responden ao cuestionario elaborado a tal efecto, sendo a maioría de ditas materias o segundo ano que son impartidas polos profesores/as que forman parte dos GDC.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno