O progresivo incremento dos problemas de convivencia nos centros educativos (especialmente na educación secundaria) e o impactante (a nivel social) dos casos máis graves de violencia escolar, elevan a atención dos gobernos e das comunidades educativas na procura dun mellor clima de relacións nas escolas.
As dificultades para coñecer as cifras da violencia escolar son enormes debido a escaseza, complexidade e diversidade dos datos que reflicten as formas de violencia nos centros educativos.
O obxectivo do artigo é analizar as principais investigacións, estudos e informes realizados sobre os diferentes problemas de convivencia e violencia nos centros de ensino a nivel europeo, español e galego, para establecer un perfil das condutas violentas prevalecentes nos estudantes que nos axude a deseñar medidas de prevención e intervención máis eficaces.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados