Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A representación das mulleres na prensa galega: análise de La Voz de Galicia e Faro de Vigo (2010-2020)

  • Autores: Clara Sánchez Vázquez
  • Directores de la Tesis: Ana Belén Fernández Souto (dir. tes.), Teresa Piñeiro-Otero (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2025
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Natalia Quintas-Froufe (presid.), María Isabel Míguez González (secret.), José Carlos Losada Díaz (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Comunicación por la Universidad de Vigo
  • Calificación: Sobresaliente Cum Laude
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • A presente tese analiza a presenza e o tratamento das mulleres nos dous principais diarios galegos de información xeral, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, entre os anos 2010 e 2020, desde unha perspectiva de xénero e mediante unha metodoloxía de análise de contido cuantitativo-cualitativa. O estudo estrutúrase en dúas dimensións: por unha banda, a representación das mulleres como suxeitos informativos; por outra, a súa presenza como autoras e produtoras de contido xornalístico.

      A mostra recolle máis de 3.000 pezas informativas publicadas nas edicións impresas de ambos xornais durante tres momentos clave -2010, 2015 e 2020- mediante a técnica da semana construída. Así mesmo, analizáronse máis de 5.000 suxeitos informativos presentes nas pezas seleccionadas. Codificáronse variables relativas ás características supratextuais e textuais das noticias, atendendo aos roles desenvolvidos polas mulleres tanto como protagonistas das informacións coma como produtoras das mesmas.

      Os resultados mostran unha clara infrarrepresentación das mulleres como suxeitos informativos e unha forte segregación, tanto vertical coma horizontal, no desempeño do seu papel profesional nos medios. En conxunto, a análise evidencia a persistencia dunha estrutura mediática fortemente androcentrista, que reproduce estereotipos e mantén amplos marxes de desigualdade. Esta realidade non se corresponde coas conquistas sociais acadadas polas mulleres nos últimos anos nin cos avances impulsados polos movementos feministas e polas recomendacións internacionais en prol da igualdade nos medios de comunicación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno