Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Os bancos do tempo en españa: un estudo de caso múltiple en chave pedagóxica e social

  • Autores: Andrea Maroñas Bermúdez
  • Directores de la Tesis: Rita Gradaílle Pernas (dir. tes.), José Antonio Caride Gómez (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2019
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Ana Ponce de León Elizondo (presid.), Pablo Ángel Meira Cartea (secret.), Anna Maria Novella Càmara (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Educación por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • No contexto da sociedade apresurada, a organización social dos tempos converteuse nunha ferramenta de poder que coloca á actividade produtiva como prioridade para organizar os ritmos cotiás. En concreto, o individualismo e a competitividade derivaron nunha negativa aceleración nos ritmos de vida cotiá que afecta especialmente aos contornos urbanos; uns factores que sitúa á recuperación das redes sociais de apoio mutuo como un desafío central da acción comunitaria.

      Nesta liña, os Bancos do Tempo (BdT) baséanse nun sistema de intercambio de servizos onde a unidade de permuta é o tempo, contribuíndo así á recuperación de redes locais que –en planos de igualdade– favorecen a autoestima e a cohesión social. Non obstante, a variedade de tipoloxías, finalidades e modelos de xestión, xunto a un escaso percorrido no eido científico-académico, fai que o coñecemento dos BdT no contexto español sexa superficial e pouco sistematizado.

      O obxectivo desta investigación céntrase en estudar as posibilidades e os límites dos BdT como ferramentas para o empoderamento na esfera individual, organizacional e comunitaria desde o prisma analítico da Pedagoxía-Educación Social. A tal fin, desenvolveuse unha metodoloxía mixta que contempla, dunha banda, unha enquisa que permitiu realizar un censo dos BdT españois, así como debuxar unha panorámica xeral sobre o seu funcionamento; e, doutra banda, un estudo de caso múltiple integrado por seis BdT de diferentes puntos do territorio, a fin de afondar nas dinámicas organizativas e participativas que se establecen a nivel interno e coas comunidades onde se insiren. Os resultados reflicten beneficios estimables como a mellora da autoestima e a ampliación da rede social das persoas implicadas; non obstante, tamén se observa unha actividade dos BdT excesivamente voluntarista e interna; de aí que as propostas de mellora se orienten a impulsar diferentes estratexias innovadoras que favorezan a súa profesionalización e incidencia no ámbito local.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno