Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Educación ambiental, movemento en transición e sustentabilidade universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en transición, transition Edingurgh University e UMinho in transition

  • Autores: Miguel Pardellas Santiago
  • Directores de la Tesis: Pablo Ángel Meira Cartea (codir. tes.), Lucía Iglesias da Cunha (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2016
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Juan José Casares Long (presid.), Germán Vargas Callejas (secret.), Anna Maria Geli de Ciurana (voc.), Javier Benayas del Álamo (voc.), Angels Ull Solís (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente.

      O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer agromar unha incipiente fornada de novísimos movementos socias. O movemento en transición –cara a un mundo sen petróleo– é un deles, conformando un modelo de actuación competente na xeración de comunidades resilientes; isto é, capaces de reaccionar e adaptarse cos seus propios medios a condicións adversas.

      Porén, o carácter arquetípico da transición contrasta coa pouca atención que recibe a dimensión educativa na súa proposta e a manifesta nula vinculación co campo da Educación Ambiental.

      Co obxectivo de valorar o potencial do modelo da transición, desenvolveuse un estudo de caso múltiple no que comparar as iniciativas postas en marcha nas Universidades de Santiago de Compostela, Edimburgo e Minho. Deste xeito, a investigación articulouse ao redor dos elementos que caracterizaran estas experiencias pioneiras como procesos de transición, procesos participativos e procesos educativos.

      Como resultado da análise, o que fraguou como sospeita deu lugar á evidencia: os procesos de ambientalización universitarios están sometidos a un “teito de cristal” que impide cambios estruturais en clave de sustentabilidade. As tres iniciativas en transición estudadas non foron quen de xerar cambios integrais nas dinámicas das súas respectivas Universidades. A debilidade na formulación do modelo educativo do movemento en transición, non consta como un elemento determinante no fracaso relativo, mais si pode ser un factor a ter en conta. Neste proceso de desexar maiores acertos, a Educación Ambiental debe facer valer a súa traxectoria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno