Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Diagnose da utilización e formación nas tecnoloxías da información e da comunicación dos orientadores educativos

  • Autores: Miguel Anxo Nogueira Pérez
  • Directores de la Tesis: Luis Martín Sobrado Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2009
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María Luisa Rodríguez Moreno (presid.), Quintín Álvarez Núñez (secret.), Alfredo Pérez Boullosa (voc.), María-Luisa Rodicio-García (voc.), Elena Fernández Rey (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • A presente investigación sitúase no estudo do impacto da Sociedade da Información e do Coñecemento (SIC) e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no ámbito da Orientación Educativa. Neste contexto indagouse sobre as diferentes opinións do colectivo de orientadores educativos de centros educativos públicos e privados de Educación Infantil e Primaria e Educación Secundaria da provincia de A Coruña.

      Os obxectivos da nosa investigación foron os seguintes: 1º. Describir as principais características da SIC.

      2º. Analizar a situación xeral e do sistema educativo na nova sociedade a partires dos sistemas de indicadores existentes.

      3º. Estudar a evolución do Sistema Educativo e o seu desenvolvemento na sociedade actual.

      4º. Definir e describir as principais TIC presentes na sociedade e as súas implicacións no Sistema Educativo.

      5º. Estudar e sintetizar os fundamentos teóricos da orientación educativa.

      6º. Analizar as principais implicacións da inclusión das TIC nos procesos de orientación educativa: estado da cuestión a nivel teórico e práctico.

      7º. Realizar unha investigación empírica sobre a utilización e a formación en TIC dos orientadores educativos dos centros escolares da provincia de A Coruña.

      Estruturamos a presente tese de doutoramento en tres grandes bloques: O primeiro bloque, composto por tres capítulos, recolle unha ampla caracterización do contexto socioeducativo no que se desenvolven as persoas en xeral e os profesionais da educación en especial nos inicios do século XXI.

      O segundo bloque, composto tamén por tres capítulos, constitúe a base conceptual da nosa investigación. Nel presentamos os fundamentos teóricos referidos ás TIC nos procesos de orientación educativa, tratando de describir e argumentar a combinación de ambos ámbitos.

      O último bloque, conformado por un capítulo, recolle a descrición do deseño do estudo empírico realizado, relativo a análise da utilización e formación en TIC dos orientadores educativos, onde se presenta o problema, os obxectivos da investigación empírica, a metodoloxía, os resultados e a súa análise e discusión.

      Como principais conclusións, podemos afirmar que os orientadores escolares enquisados posúen un grao medio na familiaridade e preparación para o uso técnico e básico das TIC, pero baixo na familiaridade e preparación para o manexo de opcións consideradas máis avanzadas e complexas no uso das TIC, así como no manexo de contornos de rede e aprendizaxe, tan en voga nos últimos tempos. En canto ao uso específico das TIC para a orientación, apenas se ten en conta a utilización destas ferramentas na súa labor profesional, cunha escasa consideración para a realización de orientación a distancia, e con pouca aplicación destas ferramentas para o deseño de recursos Web para a Orientación.

      Tanto os orientadores en activo como os expertos entrevistados coinciden en destacar que situacións como a descrita poden ser debidas ao descoñecemento que teñen os orientadores das posibilidades que as TIC poden ofrecer á Orientación, derivada da súa falta de formación (inicial e continuada), e o desaxuste desta ás necesidades reais do contexto no que os profesionais da Orientación desenvolven o seu traballo, causado pola falta de planificación dende as Administracións educativas.

      Por ende, recálcase dende este estudo a imprescindible priorización de medidas dende ditas Administracións para favorecer que os orientadores adquiran capacidades para o uso específico das TIC na Orientación, adaptándose ás necesidades do seu propio contorno e desenvolvendo de hábitos para o aproveitamento das posibilidades de Internet, a avaliación e uso crítico dos recursos ofrecidos pola Web, así como o traballo de colaboración en rede dos diferentes profesionais da Orientación, coa finalidade de mellorar a calidade dos seus servizos á comunidade educativa nos novos tempos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno