Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Metodoloxías educativas para o cambio e teitos de cristal. Un estudo comparado de tres universidades en transición

  • Autores: Miguel Pardellas Santiago, Pablo Ángel Meira Cartea, Lucía Iglesias da Cunha
  • Localización: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental, ISSN 1887-2417, Nº. 20, 2015 (Ejemplar dedicado a: III Congreso Lusófono de Educación Ambiental), págs. 1171-1185
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Educational methodologies for the change and glass ceilings. A comparative study of three universities in transition
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Dende unha perspectiva educativa, as iniciativas enmarcadas no movemento das “transition towns” conteñen os elementos necesarios para poder considerarse unha metodoloxía válida para enfrontar os problemas do Cambio Climático e o Pico do Petróleo a través dunha dinámica comunitaria. Por outra parte, as universidades, como como posíbeis referentes na busca de solucións á crise ambiental, a pesar das experiencias de ambientalización impulsadas nos últimos anos, distan moito de ser entidades de baixo impacto ambiental e existen dúbidas sobre a súa capacidade para formar cidadáns e profesionais críticos e comprometidos cos desafíos da crise ambiental. Neste contexto, desenvolveuse un estudo de caso múltiple que analiza dende unha perspectiva educativo-ambiental a experiencia de tres universidades en transición: a Universidade de Santiago de Compostela, a University of Edinburgh e a Universidade do Minho. O obxectivo é valorar o potencial da metodoloxía da transición para superar un hipotético “teito de cristal” que entorpece a ambientalización das institucións universitarias. A análise constata a existencia dun teito de cristal nas estratexias de ambientalización universitaria, incapaces de subverter, incluso a través de metodoloxías innovadoras como a transición, as estruturas e dinámicas académicas, corporativas, organizativas e culturais que tenden a reproducir a súa insustentabilidade.

    • English

      From an educational perspective, the initiatives framed in the movement of the “transition towns” contain the necessary elements to be considered a valid methodology to confront the problems of the Climatic Change and the Peak Oil through community dynamics. On the other hand, the universities, as like possible referents in the search of solutions to the environmental crisis, in spite of the experiences of sustainability impulsed last years, are far away to be entities of low environmental impact and exists doubts about its capacity to form citizen and professional critical and engaged with the challenges of the environmental crisis. In this context, it was developed a study of multiple case that analyze from an environmental-educational perspective the experience of three universities in transition: the University of Santiago de Compostela, the University of Edinburgh and the University of Minho. The objective is to value the potential of the methodology of the transition to surpass a hypothetical “ glass ceiling” that obstruct the sustainability in the university institutions. The analysis confirms the existence of a glass ceiling in the sustainability strategies unable of subverter, even through innovative methodologies as the transition, the structures and dynamic academic, corporate, organisational and cultural that tend to reproduce its unsustainability.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno