Parte dos problemas e das insuficiencias das primeiras teorías do nacionalismo, a etnicidade e o multiculturalismo derivábanse dunha concepción das comunidades culturais como grupos prepolíticos, resultado obxectivo dos «feitos empíricos» demográficos e étnicos diferenciais. Así e todo, a filosofía, os estudos históricos e culturais así como as ciencias sociais máis recentes cuestionaron esta perspectiva en canto debedora de asuncións claramente insostibles. Entre estas últimas, a visión das culturas, os grupos étnicos e as nacións como totalidades orgánicas, integradas e homoxéneas, ignorando ou poñendo en segundo plano a diversidade interna, a pluralidade de interpretacións e proxectos concorrentes, así como o conflito entre eles. Como se fosen entidades definitivamente cristalizadas na historia, como conxuntos dados de antemán e esencialmente alleos a calquera eventual proceso de evolución, mudanza ou reformulación. De maneira moi diferente, da man dunha óptica interdisciplinar e construtivista de varia índole, insistiuse na natureza non de obxectos, senón de procesos participativos complexos, continxentes das nacións, grupos étnicos e culturas, na súa apertura e indeterminación. As contribucións presentadas en Cultura, sentido e política, libro que recolle boa parte das achegas da segunda xeira do seminario O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), desenvolto no Consello da Cultura Galega durante os últimos anos, exploran da man de recoñecidos e recoñecidas especialistas diversas dimensións desde esta innovadora e moi plural perspectiva: xénero, nación, emigración, refuxiados, sustentabilidade, emocións, arte, museos, danza, paisaxe, populismo, relixión etc.
págs. 17-64
págs. 65-77
págs. 79-92
págs. 93-109
págs. 111-140
págs. 141-162
Cara a unha cultura da sustentabilidade: (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da gran proba)
págs. 163-179
págs. 181-198
págs. 199-216
O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política
págs. 217-232
A política inmigratoria española no novo escenario: consideracións e propostas
págs. 233-271
Os refuxiados na era de Trump: un problema político, non unha crise humanitaria
págs. 273-288
págs. 289-297
págs. 299-320
Lembrar o futuro: os museos da memoria e o seu rol na construción das identidades culturais
págs. 321-343
págs. 345-380
De que falamos cando falamos de populismo?: máis populista será a túa avoa!
págs. 381-409
A dereita radical populista e a integración europea: análise comparativa dos vínculos entre partidos e votantes
Margarita Gómez-Reino Cachafeiro, Iván Llamazares Valduvieco
págs. 411-448
O populismo radical: entre as promesas de democratización e o autoritarismo
págs. 449-464
págs. 465-486
Da monarquía católica á república virtuosa: o imaxinario político na creación do mundo iberoamericano
págs. 487-509
Historia cultural da ambición: políticos e tolos nos inicios do mundo contemporáneo
págs. 511-526
págs. 527-539
págs. 541-553
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados