Ha sido reseñado en:
José-Luis Iglesias-Salvado (res.)
Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, ISSN-e 2659-9589, ISSN 1138-5863, Vol. 28, 2024, págs. 320-322
Os principais protagonistas deste libro son dez homes e dúas mulleres. Ábrese con María Vázquez Suárez, mestra compostelá destinada en Miño, asasinada polos fascistas nunha praia deste concello o 19 de agosto de 1936, e remata con Francisco Ponzán Vidal, mestre aragonés destinado en Camelle (Camariñas), asasinado polos nazis nun bosque próximo a Toulouse o 17 de agosto de 1944. Entre unha e outro figuran Rafael Fernández Casas, Jesús Álvaro López Brenlla, Mercedes Romero Abella, Rafael Pardo Carmona e Fernando Barcia Veiras, Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, Arximiro Rico Trabada, Víctor Fraiz Villanueva e Ramón Amadeo Figueroa Vilachá.
A memoria debe ser o clamor que enterre definitivamente o silencio sobre os mortos.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados