Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Da transfobia á trans-inclusión: relatos autobiográficos que trans-forman o mundo

Lucía González Castro, María Victoria Carrera Fernández

  • O obxectivo deste traballo, que se inclúe nun estudo máis amplo orientado a coñecer as experiencias vitais de persoas transexuais, é profundar nas situacións de transfobia que viviron as persoas participantes, así como nos seus logros e retos, e nas súas propostas para avanzar cara á promoción da diversidade sexual. Levouse a cabo unha investigación cualitativa con entrevistas autobiográficas a un total de sete persoas: catro persoas transexuais adultas, un menor transexual e dúas nais, con idades comprendidas entre os 8 e os 52 anos. Os resultados poñen de manifesto que os logros acadados son percibidos sobre todo no ámbito persoal, en liñas como a auto-aceptación ou o apoio no caso das nais participantes. En canto ao futuro, as persoas trans e as súas familias manifestan inquedanzas como a posibilidade dun traballo e un futuro digno e independente, así como o desexo de levar a cabo cambios físicos para acadar a plena felicidade, a despatoloxización e a des-burocratización. En canto á transfobia, todas as persoas sufriron ou foron testemuña dalgún tipo de discriminación cara á poboación trans. Nesta liña, propoñen un cambio na sociedade baseado nos piares da educación, orientada ao obxectivo de que a transexualidade sexa entendida como unha característica máis da diversidade e que as persoas trans poidan ter as mesmas oportunidades que o resto da poboación


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus