Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Carlos Casares e a tradución como ponte intercultural

Xosé Manuel Dasilva

  • Neste artigo abórdase o esforzo permanente de Carlos Casares por estender redes de relacións con outras culturas desde o espazo galego. Analízase o contacto que propuxo co ámbito lusófono e a introdución da literatura galega que impulsou no Estado español, así como a comunicación que promoveu con outros ámbitos xeográficos. Alén diso, revísase a proxección da súa obra en diferentes idiomas, sinalándose un certo desaxuste entre a presenza internacional de Casares como intelectual e o número de versións dos seus libros. Por último, é obxecto de consideración o labor de Casares no eido da autotradución.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus