Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O programa dos grupos departamentais de calidade na UDC dende a perspectiva do alumnado: unha experiencia para a converxencia con Europa na educación superior

  • Autores: María del Carmen Santos González
  • Directores de la Tesis: Xabier de Salvador González (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2009
  • Idioma: gallego
  • Número de páginas: 582
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel Peralbo (presid.), Paula Mendiri (secret.), José Alberto Díez de Castro (voc.), Pilar Martínez Clares (voc.), Ana María Porto Castro (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Esta tese doutoral enmárcase dentro da temática do EEES. Os acordos e medidas emprendidas ao respeto polos distintos países, implican unha serie de cambios e transformación na Educación Superior que abarca todos os aspectos relacionados, tanto coas institucións educativas como ás do propio proceso de ensinanza-aprendizaxe.

      O noso interese céntrase nas implicacións da implantación do ECTS e as súas repercusións no alumnado.

      A investigación que desenvolvemos, contextualízase na experiencia piloto, neste caso na Universidade da Coruña, desenvolta a través do programa denominado Grupos Departamentais de Calidade, así como nos títulos de Grao implantados no curso 2008/2009.

      A través da opinión do alumnado, cunha mostra representada por 2.554 alumnos/as, analizamos os distintos aspectos implicados no proceso de ensinanza/aprendizaxe co novo sistema de créditos dende: a dedicación a realizar o seu traballo autónomo e as distintas actividades relacionadas directamente coas metodoloxías propias deste novo sistema; os recursos, tanto tradicionais como as TICs; a titoría; o desenvolvemento de competencias.

      Comparamos ademais a información do alumnado que cursa materias integradas no programa coa información que proporciona o alumnado que cursa os Graos, nos cales a implantación do ECTS xa é real.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno