Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


La Educación para el Desarrollo y la Ciudadanía Global (EDCG). Construcción del ámbito educativo en la educación general

  • Autores: Tamara Valladares de Vera
  • Directores de la Tesis: José Manuel Touriñán López (dir. tes.), Silvana Longueira Matos (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2025
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María José Bautista-Cerro Ruiz (presid.), Antonio Rodríguez Martínez (secret.), Ana Paula Gomes de Sousa Pinto Guimarães (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Educación por la Universidad de Santiago de Compostela
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4 (ODS 4) céntrase en garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, sendo a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EDCG) un dos elementos clave para a súa consecución. A EDCG é un concepto en constante transformación, influenciado por factores históricos como o desenvolvemento, a cooperación internacional e as relacións desiguais entre países enriquecidos e empobrecidos. No contexto español, as Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) xogaron un papel crucial na expansión da EDCG, traballando tanto no ámbito formal como no non formal. Non obstante, aínda non se consolidou un coñecemento aplicado sólido que guíe adecuadamente as intervencións educativas neste ámbito, o que fai persistir a fenda entre a teoría e a práctica da EDCG.

      O obxectivo principal desta tese é xerar coñecemento que contribúa ao avance deste ámbito educativo e a unha mellor comprensión da intervención educativa en EDCG no sistema educativo español. A investigación sitúase nun marco metodolóxico cualitativo dentro do ámbito das Ciencias Sociais, adoptando un enfoque interpretativo e aplicado. Examínanse aspectos clave como a normativa educativa, a formación universitaria do futuro profesorado e as prácticas docentes en centros educativos de 12 Comunidades Autónomas do Estado español. Este enfoque plural ofrece unha comprensión profunda e multidimensional sobre o presente da EDCG e as súas posibilidades de desenvolvemento no sistema educativo. Por tanto, esta investigación non só busca comprender a situación actual, senón tamén xerar propostas de mellora para facilitar a inclusión da EDCG nos distintos contextos educativos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno