Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Composición química e capacidade antioxidante de produtos obtidos de camelias de Galicia

  • Autores: Rocío Barreiro Rodríguez
  • Directores de la Tesis: María del Carmen Salinero Corral (dir. tes.), Efrén Pérez-Santín (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2022
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Antonio Miguel de Ron Pedreira (presid.), Raquel Rodríguez Solana (secret.), Pilar Vela Fernández (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Ciencia y Tecnología Química por la Universidad de Santiago de Compostela y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • español

      La camelia es una planta arbustiva muy conocida por ser utilizada con fines ornamentales, para hacer infusiones de sus hojas y, en menor medida, para obtener un aceite muy apreciado en la industria cosmética y culinaria. Se cultiva en Galicia desde hace más de dos siglos, pero siempre se ha utilizado como especie ornamental y no fue hasta finales del siglo XX, cuando se utilizó para obtener productos de gran calidad como el aceite o el té.

      El té es una bebida originalmente elaborada con fines medicinales, que incluye en su composición cafeína, y otras sustancias como; flavonoides (kaempferol, miricetina, quercetina y catequinas), ácidos fenólicos (ácido gálico, ácido p-cumárico y ácido cafeico), alcaloides (teofilina, teobromina y teína) o vitaminas (A, C, E, K y B), que, si se consumen proporcionan beneficios para la salud. Los chinos fueron los primeros en utilizar el té como bebida medicinal hace unos 3.000 años. Actualmente, el té es la bebida más consumida en el mundo después del agua, por lo que es un producto de interés económico. Además, un gran número de artículos científicos avalan sus propiedades beneficiosas para la salud (antioxidante, activo contra enfermedades cardiovasculares, fortalece el sistema inmunológico, antiinflamatorio, quimiopreventivo, etc.); lo que completa el interés del estudio y la puesta en valor de este producto derivado de la Camellia sinensis.

      El aceite de camelia se caracteriza por tener un sabor único y ser más saludable que otros por su contenido en ácidos grasos, especialmente insaturados, de mayor interés en la industria alimentaria. Así, encontramos en él la presencia de ácido araquidónico (ácido graso poliinsaturado omega-6) y ácido mirístico, inexistente en el aceite de oliva, además de otros destacados por su valor nutricional como el oleico y linoleico, omega-9 y omega -6 ácidos insaturados respectivamente; de los cuales se encontraron cantidades similares en los dos tipos de aceite. Además de esta clase de compuestos, contiene vitaminas A, B, D y E, y minerales como fósforo, zinc, calcio, manganeso y magnesio; muy importantes para el buen funcionamiento de nuestro organismo. Esta composición hace del aceite de camelia un producto de gran interés en el mercado alimentario, sin embargo donde más se ha utilizado hasta el momento ha sido en la industria cosmética por sus propiedades como regenerador de la elasticidad, equilibrio y suavidad de la piel, y su capacidad para regular la secreción sebácea, desbloqueando los poros e hidratando la piel.

      Pero el interés por este producto va más allá. En una investigación realizada en 2013 por la Estación Fitopatológica de Areeiro (Pontevedra), en la que se estudiaron diferentes bioactividades del aceite de distintas especies de camelia, se comprobó que tiene capacidad antioxidante y antimicrobiana. La idea de este estudio se basó en publicaciones en China, donde la composición y la bioactividad del aceite de camelia se han investigado desde finales del siglo XX. De hecho, existen publicaciones que demuestran que el contenido de escualeno y flavonoides le confiere funciones antiinflamatorias, antioxidantes e incluso anticancerígenas, además de prevenir enfermedades coronarias por su composición lipídica rica en ácidos grasos insaturados como los mencionados anteriormente.

      Dada la importancia que tanto el té como el aceite de camelia pueden generar por sus características y teniendo en cuenta la presencia de esta planta en Galicia y todo lo que queda por estudiar en torno a ella, se ha desarrollado un proyecto de investigación entre la Estación Fitopatolóxica Areeiro (centro de investigación de la Diputación Provincial de Pontevedra) y la Universidad de Vigo

    • galego

      A camelia é unha planta arbustiva moi coñecida por ser utilizada con fins ornamentais, para a elaboración de infusións das súas follas e, en menor medida, para a obtención dun aceite moi valorado na industria cosmética e na cociña. Leva sendo cultivada en Galicia máis de dous séculos, pero sempre empregada como especie ornamental e non foi ata finais do século XX, cando se utilizou para obter produtos de gran calidade como o aceite ou o té. O té é unha bebida feita orixinalmente para fins medicinais, que inclúe na súa composición cafeína, e outras substancias como; flavonoides (kaempferol, miricetina, quercetina e catequinas), ácidos fenólicos (ácido gálico, ácido p-cumárico e ácido cafeico), alcaloides (teofilina, teobromina e teína) ou vitaminas (A, C, E, K e B), que, de ser consumidos proporcionan beneficios para a saúde. Os chineses foron os primeiros en utilizar o té como bebida medicinal, hai uns 3000 anos. Actualmente, o té é a bebida máis consumida no mundo despois da auga, polo que é un produto de interese económico. Ademais, un gran número de traballos científicos apoian as súas propiedades beneficiosas para a saúde (antioxidante, activo contra as enfermidades cardiovasculares, fortalece o sistema inmunitario, antiinflamatorio, quimiopreventivo, etc.); o que completa o interese do estudo e da posta en valor deste produto derivado da Camellia sinensis. O aceite de camelia caracterízase por ter un sabor único e ser máis saudable que outros polo seu contido en ácidos graxos, especialmente os insaturados, de maior interese na industria alimentaria. Así, atopamos nela a presenza de ácido araquidónico (ácido graxo poliinsaturado omega-6) e ácido mirístico, inexistentes no aceite de oliva, ademais doutros destacados polo seu valor nutricional como o oleico e linoleico, ácidos insaturados omega-9 e omega-6 respectivamente, dos cales se atoparon cantidades similares nos dous tipos de aceite. Ademais desta clase de compostos, contén vitaminas A, B, D e E, e minerais como fósforo, cinc, calcio, manganeso e magnesio; moi importantes para o bo funcionamento do noso organismo. Esta composición fai do aceite de camelia un produto de gran interese no mercado alimentario, sen embargo onde máis se utilizou ata agora foi na industria cosmética polas súas propiedades como rexenerador da elasticidade, equilibrio e suavidade da pel, e pola súa capacidade para regular a secreción sebácea, desbloqueando os poros e hidratando a pel. Pero o interese deste produto vai máis aló. Nunha investigación realizada en 2013 pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Pontevedra), na que se estudaron distintas bioactividades do aceite de diferentes especies de camelia, comprobouse que ten capacidade antioxidante e antimicrobiana. A idea deste estudo baseouse nas publicacións realizadas en China, onde a composición e as bioactividades do aceite de camelia foron investigadas desde finais do século XX. De feito, existen publicacións que demostran que o contido en escualeno e flavonoides proporciona funcións antiinflamatorias, antioxidantes e mesmo anticanceríxenas, ademais de previr enfermidades coronarias pola súa composición lipídica rica en ácidos graxos insaturados como os mencionados anteriormente. Dada a importancia que tanto o té como o aceite de camelia poden xerar polas súas características e tendo en conta a presenza desta planta en Galicia e todo o que aínda queda por estudar ao seu redor, desenvolveuse un proxecto de investigación entre a Estación Fitopatolóxica Areeiro (centro de investigación da Deputación de Pontevedra) e a Universidade de Vigo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno