Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística: análise crítica do discurso nun centro de ensino secundario dunha vila galega

  • Autores: Miguel Rodríguez Carnota
  • Directores de la Tesis: Renée DePalma (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2020
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Narciso de Gabriel Fernández (presid.), Luz Zas Varela (secret.), Ana Iglesias Álvarez (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Equidad e Innovación en Educación por la Universidad de A Coruña; la Universidad de Cantabria; la Universidad de Oviedo; la Universidad de Santiago de Compostela y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: RUC
  • Dialnet Métricas: 2 Citas
  • Resumen
    • Ao longo das últimas décadas o descenso do número de falantes do idioma galego foi especialmente acusado nos sectores de idade correspondentes á infancia e á mocidade. Ante este desalentador panorama, corenta anos despois da incorporación parcial do idioma galego ao sistema educativo, é hora de analizar en profundidade cal é o papel real que os centros educativos xogan na preservación, na continuidade histórica e na promoción do uso da lingua propia do país como vehículo normal de comunicación. Tamén é preciso detectar se, como parece, moitas das situacións que dentro dos centros educativos se producen por volta do conflito lingüístico galego provocan relacións de desigualdade por razón de lingua entre o alumnado. Xunto coa observación participante exercida polo investigador durante un longo período de tempo, este estudo de caso recolle o testemuño de dez persoas informantes de ambos os sexos, galegofalantes efectivas ou con vontade de selo, ex-alumnas e ex-alumnos dun centro público de educación secundaria dunha vila galega durante a pasada década. Estes testemuños servirán de base para unha análise en profundidade que nos achegue unha luz sobre as anteriores cuestións.

      Palabras-chave: lingua galega, sistema educativo, conflito lingüístico, análise do discurso, encubrimento, acoso escolar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno