Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A resposta institucional á pobreza: Lugo (1875-1905)

Luis Seijo Castro

  • A tese de doutoramento aquí recollida contén un achegamento ó coñecemento da resposta institucional ó mundo da pobreza na cidade de Lugo durante o período que vai de 1875 ó ano 1905.

    A análise desa resposta leva ó estudo do funcionamento dos establecementos benéficos da cidade nese momento: a Casa Municipal de Beneficencia, O Hospital Municipal e a Casa de Maternidade e Expósitos. Cada un destes establecementos constitúe un apartado fundamental do traballo investigador.

    O estudo da crise de subsistencia que abarca os anos comprendidos entre 1877 e 1880 constitúe outro apartado esencial do traballo. A maneira na que se produce a resposta das institucións diante do problema que se orixina pola invasión de pobres que se produce en Lugo na primavera de 1880 é obxecto de análise nese apartado.

    De todo o exposto neses apartados extráense as conclusións oportunas que conforman o apartado final do traballo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus