O obxectivo desta tese de doutoramento é analizar a experiencia que no marco do xornalismo galego supuxo o Diario de Galicia, medio de comunicación que estivo presente nos quioscos do país entre marzo de 1988 e febreiro de 1989. Seguindo as pautas e usos da disciplina académica que se coñece como Historia da Comunicación, optamos por empregar distintos métodos de investigación, cualitativos e cuantitativos.
As hipóteses de traballo coas que partiamos eran, en primeiro lugar, a existencia dunha vontade de renovar a prensa galega por parte da dirección do medio, mediante o emprego de xéneros xornalísticos de interpretación e opinión. En segundo lugar, que este medio xurde como expresión no campo da comunicación dos sectores progresistas e galeguistas das novas clases medias que se forman en Galicia a raíz dos cambios sociais, económicos, culturais e políticos que se producen durante os anos 60, 70 e 80. Consideramos ambas hipóteses razoablemente demostradas tras o proceso de investigación.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados