Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Instituciones politico-jurídicas y desarrollo sostenible

Imagen de portada del libro Instituciones politico-jurídicas y desarrollo sostenible

Información General

Resumen

  • Actas del II Congreso Euroamericano de Derecho y Política: Ourense 17, 18 y 19 de abril de 2018. CEADP 2018 Ás veces o evidente semella ser o que ofrece máis dúbidas, ou o que se ve como un camiño incerto ou mesmo rexeitable. Iso é o que acontece, dende o meu punto de vista, cos plantexamentos ou coas propostas de relación entre Galicia e os países de fala portuguesa, nomeadamente o Brasil. É certo que a forza centrípeta que ten exercido Bruxelas a través dos diferentes instrumentos políticos e xurídicos, e especialmente económicos (a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER), obrigou a dirixir á ollada cara a Unión, e crear vías rápidas, alonxadas da pausa e paciencias do camiño de peregrinación medieval, dirixidas con urxencia á converxer. Nese proceso houbo extraordinarios avances, inimaxinables mesmo para os máis euroescépticos; pero tanta premura conlevou asumir custes moi elevados, ou poderíase dicir, moi profundos; tanto, que chegaron ata os lameiros transitados polos últimos carros, ata as redes, os barcos, o leite, as vacas, as vides, ata a alma. Esa vis attractiva pola europeización, retroalimentada institucionalmente, foi crecendo e ampliando o seu espectro, abrindo o paso a unha globalización galopante, indiscutida, e aceptada acriticamente polo status quo. A tradución deste proceso no sistema educativo sintetízase na palabra “internacionalización”, que se asentou no vocabulario dos tecnócratas, fixándose como obxectivo principal e irrenunciable de calquera política educativa. Mais ese termo serviu, en non poucas ocasións, para teledirixir políticas lingüísticas, culturais e tamén económicas, cara ámbitos naturalmente forzados e, polo tanto, que nos levaban a facer xestos forzosos, a dar pinchagatos no campo unha e outra vez.

Otros catálogos

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno