Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A estandarización do léxico

Imagen de portada del libro A estandarización do léxico

Información General

Resumen

  • Este volume reúne as contribucións dos especialistas que participaron no Simposio Léxico e Estandarización en Galicia celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela.

    Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes.

    Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que os autores consideraron necesarias para a edición dos textos.

Otros catálogos

  • Citas a capítulos: 10 Citas

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno