Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Terra e progreso: Historia agraria da Galicia contemporánea

Imagen de portada del libro Terra e progreso

Información General

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • ' ' Terra e progreso, luz e liberdade ' ' foi un lema do Directorio de Teis aló por 1908 que define a memoria que se quere reconstruír neste libro. As novas pescudas da historiografía agraria están a proporcionarnos, desde hai dúas décadas, un coñecemento diferente do herdado; Terra e progreso é un libro que procura a reflexión sobre o presente e o futuro presentándolles ós lectores e lectoras outra historia para outro presente.

    Terra e progreso é unha obra dirixida ó público interesado na Historia e no mundo rural e mais ós estudiantes de Historia. Os autores queren que as súas investigacións contribúan a construír unha idea máis acaída sobre o pasado da Galicia rural. Trátase de ofrecer unha versión diferente á que aínda adoita ser maioritariamente común. E recóllense tamén as diferentes posturas interpretativas, pois non hai do presente. Non atoparán os lectores debates abertos, pois a nosa tradición intelectual non é demasiado proclive a facelos explícitos, pero están implícitos.

    Resalta, con todo, un certo labor colectivo de reinterpretación que devén na construcción dunha memoria diferente daqueloutra que facía fincapé no atraso agrario e concebía o mundo rural contemporáneo como politicamente reaccionario, socialmente inerte, inmobilista dende o punto de vista económico e eixo dun suposto subdesenvolvemento inmemorial.

  • Citas a capítulos: 46 Citas

Listado de artículos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno