Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Charlie e o grande ascensor de cristal

Imagen de portada del libro Charlie e o grande ascensor de cristal

Información General

  • Autores: , (trad.), Xosé M. Cuervo (trad.)
  • Editores: Edicións Xerais
  • Año de publicación: 2005
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 978-84-9782-278-7, 84-9782-278-1
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Otros catálogos

Descripción principal

  • Nesta continuación de “Charlie e a fábrica de chocolate”, Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo.

    “Charlie e o grande ascensor de cristal” é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.

    Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno