Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A identidade fronte á rede: o reto mediático de Galicia na sociedade da información

Imagen de portada del libro A identidade fronte á rede

Información General

  • Autores:
  • Editores: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1999
  • Año de publicación: 1999
  • País: España
  • Idioma: gallego
  • ISBN: 84-8302-382-2
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)

Reseñas

Otros catálogos

Descripción principal

  • Luís Álvarez Pousa constata o potencial estratéxico dos medios de comunicación nesta fin de século, cando se experimentan transformacións derivadas da globalización e da emerxencia das identidades. Os medios contribúen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, á conversión das identidades colectivas étnicas en identidades colectivas nacionais.

    Velaí por qué a clásica definición socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definición sociocomunicacional. As portas do terceiro milenio, a construcción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporánea é sobre todo un espacio de comunicación. Sobre esta hipótese está estructurado o corpo ensaístico de A identídade fronte á rede.

    Cando a información se converte en materia prima para calquera tipo de desenvolvemento, un proxecto nacional non pode ter éxito a menos que consiga que se institucionalice o seu espacio de comunicación, contando coa estructura mediática que no seu día fora política, cultural e socialmente lexitimada, e tamén cos novos e tecnoloxizados soportes. Galicia tamén pode ser un espacio de choque fronte ás estratexias de concentración nas que a sociedade da información descansa todo o seu poder homoxeneizador.

    ¿Están os medios de comunicación galegos en disposición de aproveitar este potencial subversivo nesa dirección? Escudriñar con perspectiva galega ese proceso de confrontación entre a identidade e a rede é o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexión.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno