Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística

Elisa Fernández Rei (coord.), Estela Fidalgo Garra (coord.), Miguel Guisantes Alonso (coord.)

  • Nun contexto marcado pola globalización, os desprazamentos e a transformación dos espazos de socialización, as linguas deixan de ser entendidas unicamente como sistemas formais para revelárense como escenarios nos que se negocian ideoloxías e identidades. Este volume propón unha reflexión sobre como se constrúen, cuestionan e reformulan as identidades lingüísticas e as ideoloxías que as acompañan, tanto no contexto galego como noutros escenarios multilingües.

    Desde o humor e a performance ata os espazos educativos, familiares e dixitais, os estudos aquí recollidos abordan temas centrais da sociolingüística contemporánea: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades e as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Na conxunción de enfoques teóricos e metodolóxicos diversos, as autoras e autores ofrecen unha visión ampla e crítica da diversidade lingüística como práctica social situada, atravesada por tensións ideolóxicas.

    Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística ponlle o ramo ao proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, desenvolto no Instituto da Lingua Galega (2020-2024), e constitúe unha invitación a repensar o feito lingüístico desde a súa complexidade e pluralidade e mais a imaxinar comunidades lingüísticas máis xustas, inclusivas e conscientes da riqueza que supón a diversidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus