Nun contexto marcado pola globalización, os desprazamentos e a transformación dos espazos de socialización, as linguas deixan de ser entendidas unicamente como sistemas formais para revelárense como escenarios nos que se negocian ideoloxías e identidades. Este volume propón unha reflexión sobre como se constrúen, cuestionan e reformulan as identidades lingüísticas e as ideoloxías que as acompañan, tanto no contexto galego como noutros escenarios multilingües.
Desde o humor e a performance ata os espazos educativos, familiares e dixitais, os estudos aquí recollidos abordan temas centrais da sociolingüística contemporánea: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades e as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Na conxunción de enfoques teóricos e metodolóxicos diversos, as autoras e autores ofrecen unha visión ampla e crítica da diversidade lingüística como práctica social situada, atravesada por tensións ideolóxicas.
Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística ponlle o ramo ao proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, desenvolto no Instituto da Lingua Galega (2020-2024), e constitúe unha invitación a repensar o feito lingüístico desde a súa complexidade e pluralidade e mais a imaxinar comunidades lingüísticas máis xustas, inclusivas e conscientes da riqueza que supón a diversidade.
“Pergunta à gente velha da tua zona”: autenticidade e ideoloxías lingüísticas sobre a estandarización da lingua galega
págs. 19-46
Autoridade e contacto lingüístico: os falantes galegos e a inestable ecuanimidade do estándar
págs. 48-83
As escollas lingüísticas dos falantes: distintos niveis de consciencia
págs. 85-115
Os neofalantes, entre o normativo e o galego de toda a vida: evidencia de Ourense
págs. 117-148
Límites y transgresión: crítica carnavalesca en la era de la performance
págs. 149-172
Multilingüismo: factores gramaticais, cognitivos e discursivos
págs. 175-208
Ideoloxías lingüísticas na (re)presentación da diversidade da aula
Gabriela Prego Vázquez, María José Caamaño Rojo, Luz Zas Varela
págs. 209-236
A intermediación lingüística por parte de menores en Galiza: un primeiro estudo exploratorio
págs. 237-263
“Mi partida literal de nacimiento es mi voz”: contacto e acomodación entre variedades do español no retorno diaspórico a Galicia
págs. 265-296
Usted (castelán) e você(portugués europeo): crónica de dúas mortes anunciadas ?
págs. 297-327
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados