Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O mar precisa varandas: traducir é internacionalizar a literatura galega

    1. [1] University of Maine

      University of Maine

      Town of Orono, Estados Unidos

  • Localización: Viceversa: revista galega de traducción, ISSN-e 1989-2853, ISSN 1135-8920, Nº. 22, 2022, págs. 15-23
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The Sea Needs Railings: to Translate Is to Internationalize Galician Literature
  • Enlaces
  • Resumen
    • No século XIX Rosalía de Castro soubo captar e asumir a voz colectiva do campo e do pobo galego. Daquela, os favorecidos foron os lectores, até estes días. Favorecidos porque as palabras da escritora subliñaron para o mundo e para os galegofalantes por enriba de todos, que existía un mundo lonxano, de xentes e linguas diferentes. O problema non eran as outras xentes nin as súas linguas, senón a falta dun camiño marítimo, non para ir nun barco senón para ir a pé. A viaxe non se podía custear no xeito normal, é dicir, nunha embarcación que aturase as olas e mais os baleiros do Atlántico que os pasaxeirosalbiscaban. A voz poemática da epígrafe pertence a unha persoa sen recursos económicos, obrigada á vida da aldea. Ir, iría; só ten a enorme pexa do diñeiro.

      Entendemos nós no século XXI a necesidade dunha axuda, dun apoio, para osemigrantes chegaren daquela á outra orela. Entendemos a frustración e a soidade provocadas pola distancia. Laiámonos das causas do afastamento das persoas queridas que é a historia da Galiza, especialmente no rural. De feito, para nós o Atlántico xa non serve como barreira infranqueábel. Temos avións e feiras de verán, temos móbiles,WhatsApp e internet. Temos a posibilidade de contacto. Nada disto é orixinal e só semenciona para deixarmos clara a distancia entre Europa e América que ten mudado dunha condición baseada nos cartos (no século XIX) e a outra, baseada nun medo ou desinterese por saír do país galego.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno