Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A xente de Hemsö de August Strindberg, un clásico da literatura sueca en galego.

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Viceversa: revista galega de traducción, ISSN-e 1989-2853, ISSN 1135-8920, Nº. 22, 2022, págs. 199-212
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Xa que este artigo é unha xustificación da tradución dun clásico sueco ao galego, permítome falar en primeira persoa e referir a miña experiencia persoal. Á parte da tradución de novelas para a editorial Hugin e Munin, que se dedica exclusivamente á tradución de obras clásicas, ás veces non moi coñecidas, da literatura universal, fixen unha escolma da obra poética da poeta estadounidense do século xix, Emily Dickinson, que traducimos Manuel Forcadela e máis eu, e que publicou a editora Rinoceronte. Publiquei traballos académicos en lingua inglesa sobre pragmática e tradución de poesía. Xa que a miña lingua materna é o sueco e a miña capacidade en castelán e inglés é practicamente nativa, a decisión de traducir do sueco precisamente ao galego foi a consecuencia dunha invitación do editor de Hugin e Munin. A primeira tradución publicouse en 2013 (Mel de abellón de Torgny Lindgren). Sen unha importante corrección pola parte do editor e dunha correctora profesional da lingua galega normativa, non podería ter seguido nesta liña de traballo. Debido a que a colaboración entre tradutora e editora por forza resulta necesaria para que o resultado sexa óptimo, asínase para cada traballo un contrato detallado ou brief (Nord, 1997), que establece o dereito da editorial a tomar as decisións finais sobre a obra a publicar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno