Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Recuperación de compostos bioactivos procedentes de podas de vide mediante o uso de disolventes intelixentes

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2021, ISBN 9788481589160, págs. 125-144
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste traballo investigouse a obtención de compostos antioxidantes a partir de podas da vide mediante extracción sólido-líquido utilizando solventes eutécticos profundos (DES) como un medio para desenvolver procesos de separación sostibles. A partir dunha selección preliminar de sete Deep Eutectic Solvents (DES) diferentes, seleccionouse unha combinación a base de glicerina-glicina-auga como sistema máis efectivo para recuperar compostos fenólicos a partir desta biomasa residual. Posteriormente, avaliouse o efecto de diferentes parámetros operativos como a temperatura (T), tempo (t), contido en auga e relación líquido-sólido (RLS) para determinar as condicións óptimas de extracción para recuperar antioxidantes naturais en termos de contido fenolóxico total (TPC), favonoides (TFC) e actividade antioxidante dos extractos. As condicións óptimas (T = 70 ºC, t = 45 min, 40 % de auga e RLS = 15 mL/g) permitiron a recuperación dun alto nivel de compostos fenólicos (TPC = 27,49 mg GAE/g biomasa) e de favonoides (TFC = 40,74 mg RE/g biomasa); así como unha notable actividade antioxidante (29,76; 36,09 e 20,51 mg TE/g biomasa para os ensaios de DPPH, ABTS e FRAP, respectivamente).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno