Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Bibliotecarias, república e guerra civil: Entre a innovación profesional e a depuración franquista

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Congreso Internacional Contemporáneas: Políticas, trabajadoras y hacedoras de sociedad / coord. por Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, 2022
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Bibliotecarias, república y guerra civil: Entre la innovación profesional y la depuración franquista
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A chegada, en 1930, dunha nova xeración de mulleres ao mundo laboral inscrito nas bibliotecas e nos arquivos españois representou un avance modernizador no tratamento bibliográfico e arquivístico dos seus fondos. A aparición desas profesionais supuxo tamén unha novidosa interpretación do uso e acceso á lectura pública, agora aberta e igualitaria, moi lonxe dos parámetros obsoletos, clasistas e eruditos dominantes até a chegada da Segunda República.Esas arquiveiras e, especialmente, bibliotecarias quedaron integradas, tras superar unhas oposicións moi esixentes, no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos (CFABA), organismo que englobaba os profesionais responsábeis do funcionamento dos diferentes arquivos, bibliotecas e museos arqueolóxicos que conformaban o sistema español de libros e lectura, documentación e outros aspectos relacionados coa cultura. O CFABA contaba, segundo a escala de finais de 1935, con case trescentos funcionarios espallados por todo o Estado español.Aquelas mulleres, incorporadas desde os procesos selectivos de 1930/1931 e 1935, posuíron un elevado prestixio pois, xunto ao seu dominio da profesión, gozaran das bolsas concedidas pola Xunta para Ampliación de Estudos. Esas axudas fixeran posíbel estancias pensionadas no estranxeiro, permitíndollas coñecer os sistemas bibliotecarios máis avanzados de Europa, adquisición de idiomas, novas metodoloxías de traballo e un longo etcétera. En consecuencia, falamos de mulleres novas e instruídas, moi identificadas co proxecto republicano de socialización da lectura pública que, tras a sublevación militar de xullo de 1936, pagaron un custo moi elevado cando os vencedores na Guerra Civil iniciaron os procesos de depuración de todos os funcionarios públicos que traballaban para o Estado. Así, o exilio, a postergación, o traslado, a marxinación e a inhabilitación serán as consecuencias derivadas da súa fidelidade republicana e democrática.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno