A finalidade principal deste estudo consiste en profundar nas diferentes dificultades que encontraron os volumes Leria (1961) e O porco de pé e outras narracións (1972), de Vicente Risco, na tramitación da autorización necesaria ante a censura franquista para a súa publicación. Tamén se abordan algunhas das desventuras do mesmo tipo padecidas pola novela en español La puerta de paja (1953), que se converteu en finalista do reputado Premio Nadal. Neste terceiro caso proponse á vez un criterio apropiado para a restauración da obra, editada ata agora con amputacións ordenadas polo Ministerio de Información y Turismo, por unha parte, ou sen axustarse ao discurso que o autor corroborou, por outra.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados