Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Deseño e implantación dunha actividade de aprendizaxe cooperativo en microbioloxía

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.), 2020, ISBN 978-84-9749-775-6, págs. 467-469
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O obxetivo formativo da actividade foi que ao remate da mesma os estudantes foran capaces de 1) dimensionar un problema de contaminación ambiental, 2) recoñecer criterios de selección de cepas microbianas doadas para ser aplicadas a un proceso biolóxico concreto, e 3) deseñar un proceso de escalado para a producción microbiana a gran escala.

      Esta proposta de aprendizaxe levouse a cabo na materia Microbioloxía e Biotecnoloxía Ambiental, optativa de 4º do Grao de Bioloxía, dentro das clases de docencia en grupo reducido, que equivalen a 1 crédito ECTS, con 7 horas presenciais, repartidas en 4 sesións.

      Na primeira sesión, fixéronse grupos ao chou de 3 estudantes e presentáronse as bases do proxecto, repartíronse tarefas entre os integrantes do grupo, para que cada estudante se encargue de “investigar” cada un dos puntos experimentais.

      Nas seguintes sesións, cada grupo presentaba ao profesor o avance do seu traballo individual, falando de “expertos” de cada punto a tratar. Antes da última sesión, cada experto explicou a os demáis membros do seu grupo as súas conclusións para que todo o grupo coñecese o traballo realizado. Na última sesión dunha 1 hora, cada grupo presentou brevemente os seus resultados. Para esto, se elexiu ao chou a un dos membros do grupo. No turno de preguntas, puideron contestar calquera dos membros do grupo.

      A actividade alcanzou un alto nivel de interdependencia positiva entre os membros do grupo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno