Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un novo enfoque da acción titorial

María Masip Utset

  • O conxunto de ideas que se expoñen neste traballo, relativas á acción titorial, parten da concepción de que todas as finalidades educativas que tradicionalmente foron adxudicándose á acción de titores e titoras deben ser incorporadas ao currículum ordinario e traballadas polo conxunto de profesionais que interveñen na acción docente.

    Preténdese xustificar un proxecto de acción titorial que supere o actual divorcio existente entre a función instructiva, destinada ás materias, e a función formativa, destinada á acción titoria!.

    Estes principios foron ampliamente formulados e divulgados dende o programa de Atención á Diversidade do ICE-UAB, institución á que pertence á autora deste artigo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus