Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


“Activación” e “dixitalización” nas aulas de Matemáticas Financeiras: a revolución de construír o proceso de aprender

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. / Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.), 2019, ISBN 978-84-9749-712-1, págs. 189-198
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O nivel de atención e de asimilación dos conceptos da materia Análise das Operacións Financeiras impartida na Facultade de Economía e Empresa da UDC non son satisfactorios. A proposta reside nun cambio metodolóxico a través da combinación da aula invertida, da aprendizaxe baseada en proxectos (ABPy) e o traballo cooperativo. Búscase unha maior asimilación da materia a través do desenvolvemento de habilidades metacognitivas derivadas das estratexias das metodoloxías activas propostas.

      O cuadrimestre dividirase en dúas partes: Nas primeiras catro semanas do curso o docente explica e propón exercicios sobre os conceptos básicos da materia (capital financeiro, tipos de xuro, leis de capitalización e desconto, concepto de renda e préstamo). Preténdese provocar a participación activa, motivada e crítica na aula a través do emprego de accións publicitarias (anuncios). Nas seguintes dez semanas procédese a crear cinco grupos cooperativos. Estes deben: (1) afondar nos conceptos teórico-prácticos da materia, (2) elaborar un mapa conceptual e exercicios dixitais, ademais de (3) crear un vídeo didáctico da materia. Cada grupo vai subindo os materias creados ao google classroom, o que permite o control de actividade. A avaliación establécese por competencias. ¿O cambio? Radical, apaixoante e motivador.

    • English

      The level of attention and assimilation of the concepts of the subject “Financial Operations Analysis” taught at Faculty of Economics and Business (UDC) are not satisfactory. The proposal is based on a methodological change through the combination of the inverted classroom, project-based learning (ABPy) and cooperative groups. A greater assimilation of the subject is sought through the development of metacognitive skills derived from the strategies of the proposed active methodologies.

      The semester will be divided in two parts: In the first four weeks of the course the teacher explains and proposes exercises on the basic concepts of the subject (financial capital, interest rates, laws of capitalization and discount, concept of income and loan). It is intended to provoke active motivated and critical participation in the classroom through the use of advertising actions (announcements). In the following ten weeks five cooperative groups are created. These should: (1) deepen in the theoretical and practical concepts of the subject, (2) elaborate a conceptual map and digital exercises, as well as (3) create a didactic video of the subject. Each group is raising the subjects created on google classroom, which allows the control of activity. The evaluation is established by competencies. The change? Radical, exciting and motivating...


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno