Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Experiencia de aprendizaxe interdisciplinar entre estudantes de terapia ocupacional e odontoloxía, no deseño de sistemas de comunicación alternativos

Thais Pousada, Estíbaliz Jiménez Arberas, Emiliano Díez Villoria, Mónica Cano Rosás

  • galego

    Contextualización: O proxecto, interdisciplinar e interuniversitario, foi proposto por docentes de terapia ocupacional e odontoloxía das universidades da Coruña e Salamanca. Contemplou a elaboración de cinco unidades didácticas, baseadas na aprendizaxe colaborativa, presentando aquí a unidade adicada á comunicación cos doentes.

    Metodoloxía: Concretáronse obxectivos e resultados de aprendizaxe, metodoloxías e forma de aplicación da unidade. Na planificación tivéronse en conta aspectos relacionados coa valoración, e uso dos SAAC, e a aplicación dos principios do Deseño Universal no proceso comunicativo.

    Realizáronse tres sesións teórico–prácticas, complementadas co traballo non presencial.

    Desenvolvemento: A primeira sesión está dirixida aos alumnos do Grado en Odontoloxía que, a través de varios casos propostos, deberían detectar e determinar as dificultades na comunicación, que poderían acontecer na consulta odontolóxica. O resultado do traballo é transmitido posteriormente aos alumnos de terapia ocupacional, sendo o punto de partida da segunda sesión. Os estudantes de TO consideran estes supostos para o deseño de solucións aos problemas plantexados, elaborando propostas co uso dos SAAC e aplicación do deseño para todas as persoas. A derradeira sesión é a posta en común dos traballos dos alumnos de ambas titulacións, nunha clase conxunta e presencial, cun compoñente virtual. Invítase ós estudantes a razoar, deseñar e elaborar solucións de accesibilidade e deseño universal, para aplicar no entorno físico dun centro de odontoloxía e nos seus materiais, baseadas no uso de pictogramas.

    A avaliación dos alumnos basease no emprego de rúbricas (hetero-avaliación) e de listados de comprobación (auto-avaliación).

  • English

    Background: The project, interdisciplinary and interuniversity, has been proposed by professors of occupational therapy and odontology at the universities of A Coruña and Salamanca. It included the development of five didactic units, based on collaborative learning. The unit focused to communication with patients is presented in this communication.

    Method: Professors determined learning goals and results, as well as the methodologies and the way to apply the unit. Factors related to AAC’s assessment and use, and the application of Universal Design Principles during communicative process were taken into account in planning. Three practical theoretical sessions were held, complementing the non-contact work.

    Development: The first session is directed to students of Odontology Bachelor, who, through few case studies, have to detect and determine the difficult in communication that could be appear during dental consultation. The finished work, then, is transmitted to students of Occupational Therapy, being the start point to second session. Occupational therapy’s students consider that work to design solutions to solve the detected problems. To do that, they indicate proposals about AAC’s use and application of Universal Design. The last session is dedicated to the sharing of students’ works, during a joined lesson attendance, with a virtual component.

    Students participate in rezoning, designing and creating solutions to promote accessibility and universal design, and to apply it in a dentistry clinic and in its material resources, based on pictograms’s use.

    The students’ assessment contemplates the use of rubrics (heteroevaluation), and of Checklists (Self- Assessment)


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus