Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O futuro profesorado de Educación Infantil como modelo de lingua: análise de producións orais e percepcións da competencia lingüística en galego

Iria Sobrino-Freire, Renée DePalma, María-Helena Zapico-Barbeito

  • Dentro dos procesos de revitalización das linguas minorizadas a escola pode desempeñar un papel central se conta cun profesorado motivado e lingüisticamente competente. No caso galego, constátase que nos últimos anos unha porcentaxe importante do estudantado dos graos de maxisterio chega á universidade cunha competencia lingüística escasa, de maneira que resulta imprescindíbel fomentar accións para que o futuro corpo docente tome consciencia das súas necesidades de aprendizaxe. Neste traballo presentamos os principais resultados dunha investigación acción participativa (IAP) que se desenvolveu nos cursos académicos 2016/2017 e 2017/2018 e que consistiu na análise dunha práctica de aula realizada na materia “Didáctica da lingua galega”, do Grao en Educación Infantil da Universidade da Coruña, e das respostas aos cuestionarios distribuídos entre o mesmo alumnado unha vez finalizadas as clases. O estudo permitiunos concluír, por unha parte, que a creación de grupos de traballo integrados por falantes con historias lingüísticas diversas favorece a reflexión sobre o modelo de lingua e, por outra, que o profesorado da materia debe perfeccionar os instrumentos utilizados para contribuír á adquisición dunha mellor competencia metalingüística no alumnado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus