Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Educación, tecnociencia, xénero e desenvolvemento sostible

María Mercedes Álvarez Lires

  • Partindo dunha metáfora na que educación, tecnociencia, xénero e desenvolvemento sostible se asentan nunha intricada rede, difícil de desenlear, semella obvio que calquera intento de achegamento a unha síntese constitúe un proceso inacabado. Con esta finalidade faise unha reflexión sobre as interaccións existentes intra-rede, coméntase a orixe do termo desenvolvemento sostible. algunhas das críticas que suscita e realízase un percorrido por diversos documentos e declaracións de organismos como ONU e UNESCO nos que se fai referencia explícita aos aspectos citados. Finalmente, abórdase a necesidade de contar coas potencialidades das mulleres para conseguir a solución dos gravísimos problemas socioambientais que afectan ao planeta que habitamos, desde unha posición crítica co sistema de desenvolvemento actual, rescatando do esquecemento e da desconsideración os coñecementos ancestrais de millóns de mulleres anónimas e as achegas de mulleres notables á conservación da Terra.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus