Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Programas de conciliación nos tempos cotiáns da infancia en Galicia

Laura Varela Crespo, María Esther Martínez Figueira, Héctor Pose Porto

  • O traballo que se presenta forma parte do proxecto de investigación denominado “A conciliación nos tempos cotián da infancia en Galicia: problemáticas específicas e alternativas pedagóxico-sociais e prácticas de lecer nas escolas, familias e comunidades (CONCILIA_ D@S)”, financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria de Emerxentes (2014- PG004). A análise toma como referencia os programas de conciliación que ofrecen os concellos das sete cidades galegas durante as vacacións escolares do ano 2015. Neste marco, sinálanse os aspectos converxentes das iniciativas presentadas, o seu influxo no benestar e no lecer infantil e algunhas recomendacións referidas á coeducación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus