Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Emoción e memoria prospectiva: teoría e aplicación

Fernando Gordillo León, José María Arana Martínez, Juan José García Meilán, Juan Carro Ramos, Lilia Mestas Hernández

  • Ata datas recentes non se prestara interese dabondo ao efecto da emoción sobre a memoria prospectiva. Ao empregar métodos tradicionais de indución emocional asumiuse que o estado de ánimo xerado se mantería constante ao longo da proba. Isto non é só un erro, tamén se afasta da funcionalidade real deste tipo de memoria na vida cotiá, onde a emoción aparece de maneira puntual afectando aos factores que participan na súa codificación, retención e recuperación. As tarefas do laboratorio deberían poder poñer en funcionamento estes aspectos para estudar como a emoción afecta aos elementos que participan na memoria prospectiva por separado e non de maneira conxunta. Diferentes estudos investigaron como o contido emocional das claves de recuperación e a tarefa prospectiva, afectan á memoria prospectiva, e tamén se propuxeron enfoques que tentan comprender como as consecuencias positivas ou negativas de realizar a tarefa prospectiva poderían afectar á súa lembranza posterior. Este último punto tería aplicación en campos onde se poida mellorar a probabilidade de execución de condutas programadas, como son as condutas preventivas (por exemplo, non superarei o límite de velocidade, non adiantarei indebidamente, etc.), potenciando a lembranza das consecuencias asociadas á súa non realización.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus