Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O marco normativo da publ icidade: principais etapas e consecuencias en Galicia

  • Autores: Luis Fernando Ramos Fernández
  • Localización: Estudios de comunicación, ISSN 1578-4916, Nº. 0, 2001, págs. 17-26
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Ó contrario do que acontece en Francia, onde a regulación das mensaxes comerciais está vencellada ó nacemento mesmo do Dereito da Competencia Desleal, a publicidade carecerá de ordenamento específico ata o século XX. Obviamente, no caso de Galicia, non se pode estudiar este fenómeno illadamente do que atinxe ó conxunto do Estado. No caso de Galicia, o repaso ós primeiros reclamos, ou máis propiamente "avisos", que publica a nacente publicidade mercantil dos xornais da segunda metade do século XIX permítenos distinguir, sobre todo, unha publicidade ou avisos de prezos agrarios, oferta de pasaxe nos barcos das nacentes liñas regulares con América.

      Como sinala repetidamente González Martín, "a publicidade non pode existir antes de que se desenvolvan as condicións históricas do capitalismo moderno; o seu advento reflicte o desenvolvemento dunha economía industrializada ou, alomenos, como en España, mercantilizada".

      Feito de especial relevancia que vai incidir no agromar do fenómeno publicitario en Galicia, ó redor das actividades do porto de Vigo. Entre 1823 e 1900 xorden na vila sesenta e seis periódicos. Cando aparece Faro de Vigo, diario decano da prensa galega e española, está recente o Real decreto do 3 de abril de 1852, que refunde tódalas disposicións sobre liberdade de imprenta nunha soa. Dunha banda estende a censura á propia creación literaria e da outra traspasa ós tribunais a xurisdicción sobre os delictos de opinión.

      As relacións e conflictos de tipo xurídico que se suscitan durante o século XIX e ben entrado o XX en relación coa publicidade -obviamente ademais das normas específicas de prensa e imprenta vixentes en cada etapa histórica- van resolverse ou intentar resolverse mediante o Código Civil, especialmente no que se refire ás relacións de carácter contractual, e lexislación mercantil ordinaria e, se é o caso, o propio Código Penal.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno