Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Fraseoloxía e paremioloxía castelá nos escritos do P. Martín Sarmiento (1695-1772)

  • Autores: Xesús Ferro Ruibal, Beatriz Pérez Traseira, Noelia Surribas Díaz, Xacinta Varela Martínez
  • Localización: Cadernos de fraseoloxía galega, ISSN 1698-7861, Nº. 16, 2014, págs. 93-180
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Spanish phraseology and paroemiology of Martín Sarmiento OSB (1695-1772)
  • Enlaces
  • Resumen
    • Recuperación de fraseoloxía e paremioloxía castelá (17 locucións ou compostos sintagmáticos, 5 frases proverbiais e 39 refráns) comentada polo ilustrado beneditino galego Frei Martín Sarmiento (1695-1772). Contrólase a pervivencia posterior ata o cambio de milenio, utilizando repertorios fraseolóxicos e paremiolóxicos actuais e mesmo os córpora Refranero Multilingüe, CREA e WEBCORP ou directamente GOOGLE. Isto permite no final do artigo facer unha medición aproximada da mortalidade fraseolóxica e paremiolóxica, que parece maior na fraseoloxía do que na paremioloxía. Pero, ademais desta análise cuantitativa, faise unha análise cualitativa do material usado polo P. Sarmiento e constátase que, coma calquera falante actual, utiliza o “discurso repetido” por veces como unha cita neutra, outras veces como unha cita de autoridade e algunha vez como unha cita crítica do propio pre-texto: o discurso repetido para el é algo fixado pero dinámico. Recóllese a terminoloxía que el utiliza neste ámbito e constátase que a mediados do século XVIII pide que se inicien os estudos fraseolóxicos e paremiolóxicos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno